Non podemos pedir máis á marabillosa Comarca do Salnés. Non fallou nin o bo tempo. Todo o alumnado do CS Guía e o 1º curso de CS Xestión de Aloxamentos coñeceu a comarca e gozou de distintos puntos de interese turístico nun marco incomparable.

Comezamos cun paseo comentado pola Seca e os bancos marisqueiros de Cambados para coñecer as artes e a dureza deste tradicional oficio propio das Rías Baixas. E quen mellor que as mariscadoras da Asociación de GUIMATUR pódennos mostrar esta forma de vida? Pois así, coas botas postas e rastrillo en man, o alumnado aprendeu da rica herdanza cultural deste pobo mariñeiro.

                aprendendo-o-oficioas-mariscadoras-de-guimatur-son-as-nosoa-guias

Ao rematar, visitamos a Praza de Fefiñáns cunha especial interpretación de man do alumnado de 2º curso guías e coñecemos as instalacións do antigo Pazo de Bazán, hoxe convertido no Parador Nacional de Turismo do Albariño. Rumbo á Illa da Toxa, puidemos contemplar as marismas e a costa de Ría de Arousa. Segundo a axenda, tocábanos visita técnica ás instalacións do Talaso Hotel Louxo La Toja, onde coñecemos os diferentes departamentos deste fermoso remanso de paz e benestar. O alumnado de guías escolleu outra interesante historia de pesca e tradición: as Salgadeiras de Moreiras e o Centro de Interpretación da Pesca e do Mar no concello do Grove.

os-mellores-guias-de-fefinansXa de volta, tivemos que realizar algunha parada que resultaba obrigatoria. Achegámonos á Ermida e Xacemento arqueolóxico da Lanzada e á pintoresca vila mariñeira de Combarro para descubrir algúns dos seus recunchos e segredos como os cruceiros e os hórreos situados á beiriña do mar.

Unha xenial xornada de aprendizaxe a golpe de mar!

Álbum de fotografías