Baixo ou título “Do turismo accesible ao sensitivo” a Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia ven de desenvolver no auditorio da Deputación de Pontevedra na Cidade Infantil Príncipe Felipe, o seu IV Foro PROTURGA que este ano cobrou especial significado para os que formamos parte do CIFP Carlos Oroza. Si, especial, pola confianza cega que esta Asociación depositou no profesorado e noso alumnado, permitíndonos participar e colaborar no desenvolvemento de moitas das actividades e experiencias sensitivas que se realizaron.

Así, ou alumnado colaborou asistindo aos participantes do Foro non Auditorio, cociñando e servindo a comida networking e a sensitiva, elaborando as pastas que acompañaron a un café sensitivo, axudando na cata de queixos, elaborando os pans que maridaban cos mesmos. Sen dúbida, unha grandísima oportunidade de “aprender facendo”.

2016-12-09-photo-00001060

O Foro tamén incluíu distintas rutas sensitivas adaptadas por Pontevedra a cargo do alumnado do CS de Guía. Nunha escoitamos os segredos das árbores ornamentais da nosa cidade, noutra achegámonos á Idade Media  no CITA, e na última visitamos os antigos oficios e as tendas máis emblemáticas da cidade, todo iso cos ollos cubertos, e co lema de PROHIBIDO non tocar”. Percorrer  a escuras os caixóns das tendas, gozar do seu cheiro a plantas medicinais, resinas,  incenso…, recoñecer texturas e formas a través de cestas ou cabazas de peregrino foron algunas das experiencias sensitivas que puidemos sentir grazas á accesibilidade urbanística da nosa Boa Vila  e á colaboración dos responsables dos establecementos.

2016-12-09-photo-00001087

2016-12-09-photo-00001081

Dous días intensos de actividades enfocadas á sensibilización do turismo accesible, un obxectivo que nos toca moi de cerca e no que levamos varios anos traballando co noso alumnado no proxecto de innovación  “Para ti, para min, para todos”. Queres saber máis deste proxecto? Pica aquí!!

Os nosos agradecimientos a Óscar Del Toro Santos, que trouxo a súa experiencia é saber facer na cata de café e a Daniel Pampín, do Molino Do Avó, que compartiu a súa sabedoría sobre pan, na cata maridada de queixos e pans.

E especialmente,

Ao alumnado de F.P. Básica de Restauración do C.E.E. Príncipe Felipe e á súa profesora Maica Couto, GRAZAS por ese café sensitivo que sabemos ningún participante esquecerá.

Ao alumnado participante dos ciclos de Aloxamentos, Guía, Dirección de Cociña, CM de Servizos e CM de Cociña, GRAZAS!!!

Profesorado participante, GRAZAS polo voso traballo e compromiso.

 

Álbum da xornada

2016-12-09-photo-00001063 

A nosa colaboración no IV Foro PROTURGA na prensa:

Canal Rías Baixas

Diario de Pontevedra 1 

Diario de Pontevedra 2

La Voz de Galicia

Faro de Vigo