A ONU estima que unha de cada tres mulleres no mundo é vítima de violencia física, psíquica ou sexual.
Non podemos permanecer quedos frente a esta realidade.
Non é un problema de mulleres, é un problema de toda a sociedade.

 

A comunidade educativa do noso centro conmemorou ao longo desta semana, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) desenvolvendo diferentes actividades didácticas que teñen como obxectivo o de contribuir á eliminación de calquera tipo de violencia contra a muller.

O alumnado de 2º curso do ciclo de Panadaría levou a cabo unha verdadeira campaña de sensibilización a través da elaboración de deliciosos doces, magdalenas e pastas que ofreceron a todo o alumnado e profesorado invitándoos á reflexión e á toma de conciencia de esta lacra da nosa sociedade. Este sabor “agridoce” o acompañaron co reparto de pulseiras contra a violencia de xénero confeccionadas por eles mesmos!

Coa mesma finalidade de concienciación conformouse na entrada do noso centro unha árbore de ilustracións que reflexan os distintos tipos de violencia que se exerce contra a muller. Para erradicala é necesario que a sociedade e as institucións o traballemos dende a base da educación e da información.

o-untitled8

 

Moitísimas grazas e parabéns ao alumnado de 2º de Panadaría, e as profesoras Sonia e Tareixa por promover e implicar activamente á comunidade nesta causa común.

Podes ver máis imaxes neste álbum de Fotografías 25N