Os pasados días 12, 13 e 14 de novembro celebrouse en Pontevedra, a I feira gastronómica que baixo o nome de “ETIQUETA NEGRA” reuniu nun mesmo lugar, unha variedade selecta de produtos gourmet galegos e a realización de catas comentadas, demostracións en vivo e outras actividades de exaltación destes produtos. O alumnado dos nosos ciclos formativos tivo a oportunidade de asistir e participar neste evento e degustar, como non, as propostas dos diferentes produtores galegos que lles deron a coñecer os seus viños, conservas, xeados, mermeladas, galletas, e un sinfín de produtos galegos de calidade que mesturan a tradición e a innovación.

Nesta feira tivemos a sorte de ocupar un lugar moi privilexiado, un stand do CIFP Carlos Oroza atendido polo alumnado dos ciclos de Guías e Aloxamentos Turísticos, que practicaron as funcións de atención e información ao visitante da feira.
Claro que, como dun evento gastronómico tratábase, convertémolo en beneficio dos nosos alumnos de cociña, servizos e panadaría. Tiveron a oportunidade de desenvolver un showcooking con elaboracións a base de lapa, camelia e pan que non deixou indiferente a ninguén, e ata sorprender aos visitantes cun cóctel de té de camelia elaborado polo profesor de servizos Diego Mosquera.
                   etiqueta-negra-12-p

A feira foi todo un éxito, polo que o Concello de Pontevedra xa está pensado na 2ª edición para o próximo ano. Esperamos que nesa nova cita permítanos participar e continuar aprendendo!!

Grazas a todos e cada un dos alumnos e profesores participantes polo voso saber facer, a actitude e a profesionalidade que demostrastes ao longo das tres xornadas.

PARABÉNS !!

 

Álbum fotográfico Etiqueta Negra

Máis fotografías do evento no Facebook de “Etiqueta Negra”