Sabías que 1 de cada 4 vítimas de accidente de tráfico en España é menor de 25 anos?

Fai uns días o alumnado de FP Básica participaba no proxecto europeo Road Safety Tunes (Melodías de Seguridade Viaria) que se está levando a cabo entre mozos de formación profesional en Austria, Bélgica, República Checa, Hungría, Polonia, Eslovenia, Holanda e España. Este proxecto pretende concienciar á mocidade da necesidade de observar comportamentos seguros cando son ciclistas, motociclistas ou condutores de moto e coche, co fin de apostar pola vida e reducir ou número de accidentados entre os mais novos.

A través de diferentes talleres creativos identificaron os factores de risco que converten aos accidentes de tráfico na primeira causa de mortalidade entre os mozos: non respectar as normas de circulación, a condución nocturna, o consumo de alcohol e sustancias psicotrópicas, a inexperiencia na condución ou o comportamento en grupo. Entre todos elaboraron unha campaña de sensibilización viaria cunha mensaxe propia, música rap, carteis, tuits, memes e outras manifestacións creativas.

 14732179_911319485665048_1543415352055280486_n    14650306_911319572331706_6853854079246537954_n  14910506_911319788998351_2085343549949775424_n

Grazas por esta xenial e divertida iniciativa de sensibilización viaria!

Enlace ao proxecto European Road Safety Tunes