Neste post queremos compartir o noso paso e gran oportunidade que, por terceiro ano consecutivo, bríndase ao noso centro de participar na elaboración e servizo do menú oficial no día da entrega de galardóns dos Premios Princesa de Asturias. Estes premios, organizados pola Fundación Princesa de Asturias, veñen celebrándose no Hotel Reconquista de Oviedo e supoñen un recoñecemento ao labor científico, cultural, social e humana realizada por persoas e institucións con especial atención no ámbito español. É un evento do máis alto nivel, no que o Hotel Reconquista e toda a cidade de Oviedo, véstese de gala para recibir aos galardonados.

image-2
Os nosos alumnos, un total de 62, acompañados de 8 profesores, esperaban ansiosos esta gran oportunidade. Unha experiencia real en todos os sentidos, que devolvía inevitablemente, unha mestura de emocións derivadas do compromiso e responsabilidade que supón un evento destas características. Son alumnos de 1º do ciclo de Servizos e Restauración e de 2º de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos, que tomaron rumbo a Oviedo para colaborar na preelaboración, elaboración e servizo do bufé asistido para os máis de 600 invitados. Ningún cabo quedaba solto: instrucións meticulosas do Director de Alimentos e Bebidas de Eurostars para a correcta recepción e asistencia dos comensais, directrices dos Chefs corporativos da cadea Hotusa para a elaboración do menú, e como non, de xeito conxunto traballaron co apoio incondicional dos seus profesores de cociña e servizos que ese día cambiaron as súas aulas habituais por cociñas, patios e salóns “reais”.

                                            2016-11-07-photo-00000892              p1010293

Dende aquí agradecemos á Fundación Princesa de Asturias e á Cadea Hotusa a confianza que deposita no noso centro dándonos a oportunidade de vivir experiencias como esta.

Grazas tamén e PARABÉNS a todo o profesorado e alumnado que participou nesta actividade !

Álbum de fotografías

Enlace noticias web: La Voz de GaliciaFaro de VigoDiario de PontevedraLa Nueva España.