É tempo de setas, e como non podía ser doutro xeito, temos que aproveitar os recursos naturais e as empresas da nosa contorna para continuar aprendendo. Así que, ímonos de expedición micolóxica!!! O lugar escollido pola profe Nuria, é Hifas dá Terra, unha empresa de Pontevedra situada en Bora, dedicada a algo así como… biotecnoloxía aplicada á micoloxía. Entre nós e para entendernos, cultivan setas ecolóxicas para xerar alimentos máis saudables e mellores medicamentos como cosméticos, jarabes infantís e ata complementos alimenticios para mascotas.

Nada máis chegar á finca, A Quinta das Cabadas, a contorna xa nos deixou boquiabertos: cores do outono con cheiro a setas, a saúde e a benestar. Durante a visita cóntannos que algunhas das súas construcións son novas e outras teñen máis de 300 anos, e que os laboratorios de produción e investigación de setas que coñecemos eran as antigas bodegas da Quinta. Viveros de planta micorrizada para “supercastaños”, árbores monumentais, troncos e invernadoiros de cultivo de setas,  consulta de micoterapia…

2016-10-20-photo-00000104

hifas-centro-de-transformacion

E esta casiña de madeira? Un centro para deshidratar, transformar e envasar os produtos que elaboran coas setas ecolóxicas que cultivan. Pero, haberá algo que non faga esta empresa coas setas?

E así nos fomos, aínda máis boquiabertos con todo o que aprendemos. A visita non nos deixou indiferentes, así que ao terminar achegámonos a investigar o monte de Campañó na procura de setas, hongos ou quizá calquera tipo de vida que nacese a carón dunha árbore.

Grazas a Hifas da Terra por acollernos na súa casa e achegarnos ao mundo da micoloxía!

Álbum da xornada

Máis fotografías no Facebook de Hifas da Terra Enlace