Chegan os viaxeiros á nosa Boa Vila. Semellan ledos e con moitas ganas de coñecer a historia da cidade, as rúas, as súas xentes. Nós semellamos máis nerviosos pois queremos asistilos e informalos coma semanas antes estivéramos entrenando coas profes de turismo.
O alumnado do ciclo superior de Guías converteuse así en verdadeiros Axentes Turísticos duns viaxeiros moi especiais: 50 estudantes italianos que cursan 1º de Bacharelato non Liceo Regina Marquerita, en Sarlerno (Italia) aos que acompañaron nun paseo comentado pola vila de Pontevedra.
        paseo-entre-amici-1-7
Durante o paseo, presentamos algún dous lazos que unen Pontevedra e Italia. Por exemplo, descubrimos que Valle Inclán fixo moitas traducións de obras italianas, xa que dominaba esa lingua; quizais niso tivera algo que ver a súa grande amizade co escritor italiano Gabrielle D’Annunzio. Tamén soubemos que o Convento de San Francisco foi fundado por Francisco de Asís, quen parou en Pontevedra mentres facía a ruta Portuguesa do Camiño de Santiago.
Aprender facendo. “O que temos que aprender a facer, aprendémolo facendo”. Esta cita atribuída a Aristóteles, recolle o sentido desta actividade que foi deseñada polas profesoras de turismo Tina e María, para a aprendizaxe das técnicas que un guía debe aplicar cando acompaña e informa a grupos de viaxeiros en espazos abertos: recibilos na zona de descarga, deseñar un itinerario de acordo ás características do grupo, extremar as habilidades comunicativas, coidar a expresión oral e a xestual, conectar co grupo, manter ou seu interese… Como todo isto non é tarefa fácil, os futuros guías realizaron sesións previas de adestramento pola nosa vila para que este paseo resultase un paseo para recordar.
Grazas aos nosos viaxeiros, e esperamos volvades visitarnos!
Álbum da actividade