Si, unha piña.

Verbas como liderado, equipo, creatividade ou innovación xa forman parte do diario de abordo do alumnado de 2º curso do CS de Guía, Información e Asistencia Turísticas. Non dubidan de que o clima de traballo e as emocións que cada un aporta como membro dun equipo son a base para realización de calquera proxecto.

“Hacer piña, luego el proyecto” é o título do taller no que participan e que esta semana estivo cheo de ferramentas creativas e dinámicas de traballo en equipo, comunicación e intelixencia emocional.

Pero como non hai equipo sen proxecto, ao día seguinte realizaron un “mapeo colectivo” polas rúas de Pontevedra. O seu proxecto final? Un relato colectivo sobre a vila que estamos tolos por coñecer…

image-2Moitísimas grazas a África, Noelia, Mariem e Cristina do Espazo Arroelo – Coworking.
Este taller continúa !!

Álbum de fotografías da xornada