Os novos compañeiros de Formación Profesional Básica do CIFP Carlos Oroza achegáronse este xoves á Praza de Abastos de Pontevedra para explorar, investigar e conversar cos clientes que se encontraban facendo a merca.

Co seu portafolios e cámara en man, cumpriron cos obxectivos e instrucións que previamente lles entregara a súa profesora e titora Nuria Ruiz: facer unha listaxe de mariscos e peixes, carnes e hortalizas cos seus respectivos prezos, e o máis importante, entrevistar aos clientes para conseguir a mellor das receitas que prepararán e degustarán na escola.

image4-subir

Alumnado de FP Básica. Praza de Abastos de Pontevedra

 

image6

Recollida de información.

Como peche compartiron entre todos un fermoso fin de xornada na Praza da Ferrería, que celebraron con globos e risas, semellando máis unha festa que un día de clase.

No álbum de fotografías, disfruta das imaxes tomadas polo alumnado nesta estupenda – xenial – magnífica saída.

Parabéns a todas e a todos estes futuros profesionais!