buffet e menú

Un man a man entre o buffet e o menú degustación escollido polos comensais, fixeron da estrea do alumnado de 2º CS Dirección cociña e 2º CS Dirección servizos, unha velada dinámica e agradable para todos os comensais. Carpacio de buei, maki de sushi, piruletas de queixo e xamón, cochinillo confitado con grelos e patacas…degustacións ás que lle seguiron sobremesas como a tarta sacher e cañas recheas, seguidas dun longo etcétera para aqueles que foron quen de disfrutar de todo o espectáculo.