PRESENTACIÓN DO CURSO 2016-2017

Infórmase a todo o alumnado matriculado no CIFP Carlos Oroza, tanto nos primeiros como nos segundos cursos, que a presentación do curso 2016-2017 realizarase o vindeiro xoves 15 de setembro nas seguintes horas.

  • Alumnado matriculado no primeiro curso de ciclos medios: 10 horas.
  • Alumnado matriculado no primeiro curso de ciclos superiores: 11 horas.
  • Alumnado matriculado no segundo curso de ciclos medios e superiores12 horas.
  • Alumnado matriculado no primeiro curso de FP Dual do Ciclo Superior de Dirección de Cociña: 16 horas

Calquera consulta adicional, contacten co teléfono do centro: 986 847 002