O acto en recordo de Carlos Oroza reuniu nun coloquio ao editor Bieito Ledo de Ir Indo, ao pintor e amigo do poeta Antón Pulido, a Uxío Noveneyra fillo,  ao editor do seu derradeiro libro “ Évame”, Javier Romero, e a Anxo Leis, profesor no centro integrado  cando foi inaugurado hai vinte anos.

Retrato de Carlos Oroza

Orozarecitando_1967

Nun dos seus recitais

Imaxe do autor Na presentación conducida polo actor Carlos Blanco, os tertulianos destacaron o carácter dos seus poemas que carecían de puntuación e rimas. Para él unha cousa era o ritmo e outra as rimas. Habitual do Café Gijón, gustaba de recitar, según o seu amigo Antón Pulido soía decir que “o falar ten moita máis forza e ritmo que a escritura” e que era moi difícil escribir o que sentía. A súa obra carecía de puntuación porque era como interpretar un cadro, empregaba estruturas planas, en palabras do autor “vicharejos que queren saír aí”, un xeito de expresarse que a Oroza lle levaba a unha pregunta nel reiterativa: “ Quién besará la sombra?”; cuestión que Pulido esclareceu ao comentar que o poeta gustaba do negro porque sempre quixo ser sombra.

P1080791

Vista do coloquio

P1080795

Mesa redonda

Según Bieito Ledo, “a vida non ten sentido sen música, pintura e poesía” xa que con poucas palabras dise moito, razón pola que tamén foron musicados algún dos seus poemas por grupos como JAY BANDCAMP que presentaran un concerto con Carlos Oroza un tempo antes do seu pasamento e que tamén actuaron no acto.

Uxío Novoneyra acentuou o seu lado místico trascendente, comentando que vivía no territorio da súa intimidade en contraste co extra-muros de hoxe en día promovido polas tecnoloxías.

O peche da xornada correu a cargo de Miguel Vila Pernas, xornalista  e premio da crítica de Galicia 2015, alén de I Premio xornalístico “A Gastronomía polos Camiños de Santiago” 2010, quen realizou unha presentación de escritores galegos  que vencellaron literatura e gastronomía.

Trala mesa redonda houbo un xantar, un paseo polo túnel do viño, no que a maridaxe convertiuse no alicerce do almorzo.

Álbum da xornada

20160520_160953

Alumnado responsable do xantar

20160520_161610

Uxío Novoneyra fillo

20160520_162943

Soledad Felloza, Maica Couto e convidados

20160520_170522

Ana Area xefa de estudos, Antón Pulido, pintor, e Maica Couto, responsable do almorzo e do acto

20160520_161153

Bieito Ledo, director de Ir Indo