CUNQUEIRO

 

A aula restaurante Álvaro Cunqueiro abriu as súas portas un curso escolar máis á sociedade, coa pretensión de formar ao alumnado nun marco o máis parecido ao futuro entorno laboral.

Na  xornada estiveron presentes membros de toda a comunidade educativa, desde as autoridades  ata o alumnado da escola Irène Joliot Curie de Toulouse, que en colaboración co IES Eusebio da Guarda da Coruña, e o CIF Carlos Oroza, o alumnado francés realizou unha xornada matutina guiada polo alumnado de 2º CS Guía, información e asistencia turística pola “boa vila” pontevedresa, degustando posteriormente un aperitivo no que o alumnado do CM Servizos en restauración de 1º fixo a súa primeira incursión no cara a cara cos clientes. O xantar foi realizado polo 2º curso de CM  Cociña e Gastronomía, correndo os postres a cargo do CM Panadaría, repostaría e confeitaría.

Para todos aqueles interesados en disfrutar dun xantar na escola, lembrar a importancia de reservar con anterioridade no teléfono 986 84 70 02. Para a xornada de mañán venres a estrea será dun buffet, un bo xeito sen dúbida de comezar a fin de semana para todos aqueles que desexen ser os nosos convidados.

Diario de Pontevedra

Pontevedra viva.com

Faro de Vigo