Os proxectís de catapultas e parte dos muros de defensa e da muralla que se nos revelan nada máis entrar no centro de interpretación, convidan a trasladarse ás vivencias que parte destes muros tiveron que padecer.
Aínda que a construcción da fortaleza comezou hai uns 800 anos, foi durante a idade media cando máis aumentaron as súas edificacións. O burgo de Pontevedra foi crecendo por mor da riqueza que aportaba a pesca da sardiña e da merluza, alén de poder disfrutar de diversos privilexios, como algunhas exencións de impostos, o que aportaba uns ingresos importantes ás familias mariñeiras.

Catapultas no CITA

Catapultas no CITA

P1080773

Desexas visitar o CITA? Aquí tes as tarifas

Pero despois de todo o seu esplendor, mesmo saiu ben parada da guerra Irmandiña, comeza a sufrir danos serios na guerra entre o arcebispado de Santiago e Pedro Madruga, coñecido tamén como Pedro Álvarez de Soutomaior, e ao que hoxe en día algún estudos apuntan como posible Cristóbal Colón, ataca o castelo por simbolizar o poder do arcebispo  e a pesar de terse apoiado nas guerras irmandiñas contra o inimigo común: a poboación que formaba parte da Santa Irmandade.

En 1873 prodúcese a cáida do castelo como símbolo de poder, un 15 M decidido polo rexidores da cidade para permitir a expansión alén da fortaleza-muralla.

Hoxe en día, visitar o CITA, é un convite a explorar o foso defensivo do Castelo-fortaleza e Torres Arcebispais, un patrimonio que non se ve desde fóra pero que ten voz dentro, un recurso turístico con memoria social e sobre o que todos os cidadáns de Pontevedra teñen camiñado ao pasear pola praza de Sta. María

Álbum da xornada

CITA, máis información

Pedro Madruga, conde de Soutomaior, foi Cristóbal Colón?

Actividade didáctica organizada pola profesora de Márquetin  Mª José Lores Baena , visita realizada polo alumnado de 2º CS de Guía, información e asistencia turísticas e 2º Xestión de aloxamentos turísticos, unha oportunidade para que  coñecesen de primeira man o museo co que colaborarán proximamente no día mundial dos museos.

Visita guiada por Olga Conde de Etnoga.

P1080733  P1080744  IMG_0074  IMG_0065  DSC_0095  DSC_0102  P1080730  P1080749