Descubrindo Pontevedra cos sentidos

O pasado venres o alumado de 2º Curso do Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencia Turística puxo en práctica os seus coñecementos sobre o guiado de grupos con discapacidade visual.

Desta maneira, aproveitaron a visita dos seus compañeiros do CIFP Manuel Antonio de Vigo para invitarlles a cubrir os seus ollos durante dúas horas e descubrir o centro histórico da cidade dende unha perspectiva diferente.

Aromas, sons e materiais táctiles foron algunhas das ferramentas que o alumnado do Carlos Oroza empregou para mergullar a estes visitantes nunha visita sensorial única.

Álbum de fotos da xornada.

20160219_123324
O alumnado descobre cómo é a planta da Peregrina tocando unha cuncha de vieira.

Un comentario en «Descubrindo Pontevedra cos sentidos»

Comentarios pechados.