A Casa da Luz de Pontevedra recibiu o pasado martes ó alumnado dos Ciclos Superiores en réxime DUAL de Dirección de Cociña, Xestión de Aloxamentos Turísticos e Dirección de Servizos en Restauración. O motivo? Poder asistir a unha xornada de pensamento creativo ou Design Thinking impartido pola coach executiva e RRHH Raquel Pedrouso.

A actividade, coordinada pola profesora María Pereiro, incluíu dinámicas de xeración de ideas de negocio, prototipado de produtos e o testeo, avaliación e comunicación dos proxectos que os propios alumnos deseñaron durante as 5 horas que durou o taller.

E a modo de conclusión, nada mellor que recoller na seguinte nube de palabras os termos que os propios alumnos e alumnas elixiron para definir a xornada:

Galería de fotos.

IMG-20151127-WA0005

Nube das palabras que definiron a actividade