O pasado fin de semana deixounos o poeta galego que da nome ó noso centro. Pero a súa relación con nós non se limitou só a unha cuestión identificativa, senón que no transcurso destes anos puidemos gozar varias veces da súa presenza no Carlos Oroza.

Lembramos a súa visita ó centro a finais de 2013 na que o poeta puido pasear polas nosas instalacións e coñecer máis de preto a nosa actividade. Tamén celebramos a súa asistencia ó 1º Campionato de Sumillería Suso Domínguez que tivo lugar en febreiro do pasado ano no auditorio Príncipe Felipe.

O seu continuo apoio á nosa comunidade educativa permanecerá sempre no noso recordo.

CARLOS-OROZA

Carlos Oroza visitando as nosas instalacións.