Como cada ano por estas datas, a aula de 2º curso de Xestión de Aloxamentos Turísticos convértese no hotel Casual, un aloxamento que nos próximos meses ofrecerá tódolos servizos propios dun establecemento destas características.

Así, o alumnado (xa dividido nos departamentos de Reservas, Márketing, Administración e Recepción) ten a oportunidade durante as clases de Ana Beatriz López e Teresa Barreiro de pór en práctica os contidos teóricos adquiridos nos distintos módulos. Check-in, reservas, organización de eventos, queixas dende as habitacións, solicitudes en diversos idiomas e moitas máis tarefas ás que terá que facer fronte todo o equipo do hotel Casual.

E para comezar, nada mellor que unhas fotos de equipo que marcan o inicio desta frenética actividade.

Podedes acceder ó álbum de Flickr pulsando aquí.

_ARL1987

A plantilla do hotel Casual na entrada do centro.