O pasado 24 de outubro celebrouse en Pontevedra a “V Xuntanza de Bloggers Gastronómicos Galegos”, evento grazas ó cal póñense en contacto os profesionais que día a día poñen os seus coñecementos e opinións ó servizo dos usuarios que visitan os seus espazos web.

Aproveitando dito evento, o alumnado CIFP Carlos Oroza, en colaboración coa ONG Solidaridade Internacional de Galicia, elaborou unhas pastas feitas con produtos do Comercio Xusto. Estes doces, realizados por alumnos e alumnas de 2º curso de Dirección de Cociña grazas á axuda da profesora Nuria Ruiz, foron entregados ós asistentes da Xuntanza como obsequio e detalle de benvida.

Se dúbida unha boa maneira de estar en contacto cos eventos gastronómicos da cidade e ó mesmo tempo colaborar por unha causa xusta.

Podedes tamén consultar o artigo publicado polo blog “Ó carón da Lareira”no que se relatan máis detalles desta xuntanza premendo aquí.

20151022_181433

As pastas, xa preparadas nos seus envoltorios.

 

20151023_183655

Unha mostra das pastas que se enviaron á Xuntanza.