Docentes e alumnado do CIFP Carlos Oroza saíron ás rúas da cidade no día mundial dos museos para realizar unha actividade de márketing viral aplicado ao caso do CITA , centro de interpretación das torres arcebispais. Na actividade convidabase á cidadanía a participar cun pequeno xogo dun pío-pío deseñado para a ocasión  sobre a vida de Pontevedra que alí se pode descubrir.

O xogo tamén levaba o convite dunha visita guiada ao CITA e un xantar no CIFP Carlos Oroza, que casualidades do azar, tocou primeiro a unha parella vasca que xa retornara das súas vacacións e posteriormente nun segundo sorteo á familia dun alumno.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Alumnado coa actividade de márketing viral

CITA TORTA

Presentación no CITA do día mundial dos museos cun primer plano da torta realizada no obradoiro do CIFP Carlos Oroza

CITA MURALLA TORTA

Torta realizada polo alumnado do CM Cociña e Gastronomía coa profesora Elena Peleteiro

 

INAUGURACIÓN DIA MUNDIAL

Inauguración Día Mundial coa torta elaborada polo CM Cociña e Gastronomía

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Preparándose a pesar do día ventoso

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No remate da actividade posando ante o CITA na praza de Sta. María

Esta actividade englobouse noutras tamén realizadas con outras institucións, como a proxección ‘Conservar e  restaurar en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a facultade de  Belas Artes coa intervención dos artistas Elia Núñez e Román Corbato que plantexaron a idea da falta de identidade das persoas coa utilización das TIC, ou a propia inauguración con torta propia elaborada polo alumnado de Elena Peleteiro, profesora no CM Cociña e Gastronomía do centro.

P1070601

Respondendo ao xogo

CITA

Tarxeta presentación do Día Mundial dos museos 2015

P1070604

Alumnado do CIFP Carlos Oroza preguntando a un mozo

Outras das actividades desenvolvidas nesta xornada no CITA  foi  unha interpretación histórica de Pontevedra na que participaron membros da Asociación de Pais de Discapacitados Intelectuais ‘Virgen de la O’ e unha segunda na que participaron membros da Asociación Síndrome de Down ‘Xunt.

Álbum da xornada

Vídeo da xornada realizado por:  José Antonio Gutiérrez Garrido, Susana Loureiro Otero, e Juan José Villar Estévez de 1º CS Guía, información e asistencia turísticas

Concello de Pontevedra

Pontevedraviva

Faro de Vigo

Boletín de información da mocidade