Nada permanece neste mundo, nin siquera os  nosos problemas,  nada máis recibirnos Nacho Crespo da Quinta de San Amaro,  o alumnado do CS Xestión de Aloxamentos Turísticos de 1º curso xa reparou de que estaban ante un hotel rural *** e restaurante que por algo é un referente na oferta con encanto baseada no enoturismo, que destaca pola súa persoal decoración e deseño de acolledores espazos, alén de pola súa calidez na benvida.

AQuintadeSanAmaro 029

Grupo de alumnado do CS Xestión de Aloxamentos

AQuintadeSanAmaro 004

Nacho, propietario da Quinta de San Amaro explica ao alumnado a xestión do seu negocio ante a piscina

AQuintadeSanAmaro 032

O famoso cabozo lounge con vistas ao val de Meaño no corazón da comarca do Salnés

Da man de Nacho, un dos socios propietarios, recibimos unha extraordinaria e cálida benvida, transmitíndonos a súa experiencia desde os seus inicios, posta en marcha, xestión e comercialización, cunha paixón que se podía apreciar ademáis no encanto das súas instalacións, e sobre todo, na especial orientación cara ao cliente, baseada nun trato personalizado moi cercano, no que coidan os máis mínimos detalles adaptándose a cada tipo de persoa que acolle a Quinta de San Amaro.
O alumnado sentiu na súa popia pel o que é ser ben atendido, retornando ás súas casas cun gran sonriso  e coa intención de voltar como clientes algún día, ou mellor aínda, como parte do equipo que traballa con él neste agarimoso e amable establecemento.

Álbum da xornada

AQuintadeSanAmaro 008

Detalle do mimo e agarimo impreso en cada un dos recunchos desta quinta, máis fogar que aloxamento típico

AQuintadeSanAmaro 025

Nada máis chegar recíbenos esta mensaxe: ” Nada permanece neste mundo, nin siquera os nosos problemas”