Dentro do programa de turismo accesible “Para ti, para min e para todos”, o CIFP Carlos Oroza continúa con actividades como a colaboración coa Asociación Juan XXIII.  As actividades arrancaron coa visita a sede que a asociación ten en Pontevedra co obxectivo de coñecer mellor a discapacidade intelectual e así coñecer e aprender sobre a mellor atención como turistas e viaxeiros.

Con posterioridade foron o alumnado da asociación Juan XXIII quen se achegaron oa CIFP Carlos Oroza para desenvolver varios talleres  co obxectivo de traballar a autonomía das persoas cara a autoxestión de actividades de vacacións e lecer.  A idea é que durante os obradoiros, os visitantes teñan a ocasión de sentirse coma turistas que chegan a un destino onde poden deseñar e planificar as súas vacacións, coñecer e seleccionar un aloxamento turístico, facer unha reserva e entrada nun hotel, e mesmo elaborar un menú completo para máis tarde degustalo no taller restaurante Álvaro Cunqueiro.

 

Ambos grupos

Alumnado da asociación Juan XXII e do CIFP Carlos Oroza no remate da xornada

Os obxetivos que se pretenden con este tipo de actividades son:

– Aprender o fácil que é facer que a cultura, ocio, vacacións e hostalería cheguen a todas e todos  eliminando barreiras físicas e mentais.

– Sensibilizar aos responsables de empresas e  administracións da importancia da eliminación de todo tipo de barreiras, e da necesidade de adaptar tódolos espazos e servizos, xa que o ocio e a accesibilidade é un dereito de todos e para todos.

DSCN1748

Na recepción da aula de aloxamentos

DSCN1756

Informando na aula de guías

DSCN1765 Viajando 4

 

Alumnado e profesorado que participaron nos obradoiros foron:

– Grupo de 18 asociados de Juan XXIII e 2 acompañantes
– Alumnado de 1º CS Guías, Sandra Pérez
– Alumnado 1º CS Xestión de Aloxamentos, Ana Beatríz López e Pilar Novelle
– Profesores Jorge Verdeal e Daniel Pulzoni
– Alumnado 1º CM servizos, Maica Couto
– Tina Otero Santiago,  coordinadora da actividade

Álbum da xornada