OS PANADEIROS E PASTELEIROS TOMAN A CAPITAL

O alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría da familia de Industrias Alimentarias visitaron en Madrid INTERSICOP,  o maior evento internacional para o sector da panadería e da pastelaría que tamén coincidiu en lugar e tempo co  Salón de Gourmets 2015, un 2 x 1 que fixo que o alumnado disfrutase por partida dobre.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pastalaría de INTERSICOP 2015

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Petiscos do Salón Gourmets 2015

Acompañados de Beatriz Martínez Ruíz  e Jacobo Otero Garrido, visitaron  tamén  distintas pastelerías e panaderías madrileñas que están entre as mellores de España e algunha incluso do mundo, como a que ten Oriol Balaguer na rúa Ortega e Gasset.

oriol-balaguer

Obradoiro de Oriol Balaguer

 

Sorprendeu non so sólo polos seus coidados produtos, tamén polo xeito en como se pode combinar unha gran presentación e un amplo surtido cun espazo reducido.

Xa se sabe o que se di dos vos perfumes!

Ademais ao alumnado encantoulle o trato tan amable e profesional de quen acadou o calificativo do mellor croissant artesán de manteiga de España no 2014.
E como non só de pan vive o home,  tamén aproveitaron a viaxe para facer un pouco de turismo e disfrutar das amplas posibilidades culturais que ofrece Madrid: museo do Prado, Palacio Real, musicais, teatro…combinado con paseos pola rúa e en metro, para algúns era a primeira vez.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Banco de España

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Museo do Prado

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Fonte de Neptuno

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Congreso dos Deputados

En INTERSICOP déronse cita as principais asociacións sectoriais españolas, como son CEEAP de pastelería e CEOPAN  de panadaría, que organizaron sendos campeonatos nacionais de xóvenes pasteleiros e de panadería artesá,  e aínda que non chegaron a tempo para animar a Daniel Pampín,  compañeiro que participaba,  sí que puideron velo en acción e incluso facerlle a “onda” para animar a Guille Moscoso da panadaría Pan da Moa de Santiago, que colaborou con este centro nunha actividade que se levou a cabo no noso obrador fai algunhas semanas.
Os campeonatos, os distintos seminarios e as demostracións organizadas por estas dúas asociacións puxeron de manifesto que as novas xeracións veñen pisando forte nestes dous sectores, pero de xeito máis flagrante no caso da panadaría, que podía parecer un sector envellecido e arcaico nos últimos anos. A impresión trala visita á feira, é de que están a xurdir panadeiros moi mozos que están tomando o relevo con forza.

A panadaría moderna está a fraguar agora. Que comece o espectáculo!

Álbum de fotografías