Disfrutar da comida sen vela….. iso foi o que fixeron os 47 invitados que participaron no xantar adaptado o mércores 22 de abril na aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro.

DSCN1359

Outros convidados xantaron co antifaz proporcionado pola ONCE

DSCN1372

Os comensais acompañantes aceptaron o reto da empatía

 

O alumnado de 1º curso dos CM Servizos de restauraciópn e CS Guía, información e asistencia turísticas, foi especialmente formado por persoal técnico da ONCE para poder recibir e atender correctamente ás 31 persoas que viven con perda total ou parcial de visión e que non quixeron perder este menú tamén especialmente deseñado para eles, ainda que tamén contamos con 6 usuarios da asociación Juan XXIII que disfrutaron tamén con nós deste exquisito menú elaborado con moito agarimo.
Suliñar que algúns invitados aceptaron o reto de comer a cegas, polo que tiveron os ollos tapados cuns antifaces durante toda a comida, resultando así unha experiencia inesquecible, chea de matices que puideron experimentar a través dos outros sentidos como o olfato, gusto e oído.

DSCN1341

Alumnado de GUIAT poñendo en práctica o aprendido

DSCN1346

Minuta

Canapé
Croquetas
Chupito
Raviolis recheos de setas con salsa de queixo
Carrillera de tenreira en salsa de viño tinto
Peixe sapo en salsa mariñeira
Tiramisú

Álbum da xornada

Outras actividades relacionadas:
Para ti, para min, para todos

Árbores que falan a través dos sentidos

O patrimonio máis vivo de Pontevedra

Tender unha man pero que sexan os ollos

Descubrindo o centro de recursos educativos da ONCE

Cita no CITA

Xantar especial coa ONCE no CIFP Carlos Oroza

Da man das camelias

Unha discapacidade que non se ve

A voz das mans

Premio a innovación educativa

Asociación XOÁN XXIII, encontro entre mozas e mozos

Tiflotecnoloxía, escotomas, percepción háptica,…un mundo descoñecido e tan próximo!