“ Chorín por non ser home”, así comezaba hai xa dous anos a achega do alumnado do CIFP Carlos Oroza á memoria das súas avoas, das mulleres pioneiras, traballadoras, resistentes, e rebeldes, que construíron o presente da mocidade actual. Daquela foron Montse Fajardo autora do libro “ Matriarcas” e Gloria Lijó, quen se achegaron ao centro nunha conferencia conversa que deixou pegada no alumnado. Despois foron o alumnado do CS Guía, información e asistencia turística quen entrevistaron a outras mulleres, descubrindo relatos de vida das mulleres obreiras de Pontevedra e que incorporaron á visita guiada no barrio da Moureira onde nace a cidade.

???????????????????????????????

 Tras este traballo de campo de recollida de material fotográfico e biográfico, o alumnado do centro realizou unha visita guiada a exposición “Do gris ao violeta” na praza da Ferrería, para coñecer as 16 biografías de mulleres de distintas épocas e estratos sociais, unha exhibición que naceu coa finalidade de construir, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental das nosas nais, avoas e bisavoas, un proxecto que as homenaxea e honra na praza principal da cidade.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 Álbum da xornada

Traballadoras como Clara López Santiago, Clarita, de Almacenes Clarita; a empresaria do transporte público Carmen Durán Constela, viúva de Cándido; Dolores Trabado, decana das taxistas; María Luisa Olañeta Barros, a inesquecíbel vendedora de doces María a do Carrillo; Dolores Calviño, a señora Lola de Pasarón; a pandereteira e estraperlista Regina Filgueira Monteagudo, Regina do Batán e Cándida Agulla,Tana, muller independente que sacou adiante ás crianzas soa, traballando o campo e cosendo para xente podente.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA ??????????????????????????????? ??????????????????????????????? ??????????????????????????????? ???????????????????????????????

 

Pioneiras, heterodoxas e rebeldes como a mestra María del Carmen del Valle Río, Carmiña, sobriña de Don Leandro; a menciñeira Vasquida García, xulgada por bruxería; a masona Amalia Armesto; Elisa Patiño y Meléndez, Chichana, primeira aviadora da cidade; María Vinyals y Ferrés, coñecida como “ A marquesa vermella “ polas súas ideas progresistas; a emblemática mestra Daría González García e Mercedes Ruibal, escritora e pintora.

 

???????????????????????????????

Montse Fajardo na visita guiada

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A autora de ” Matriarcas” comenta a exposición

 

Como homenaxe a todas as represaliadas, Josefina Arruti Viaño, encarcerada por ser a muller do ex-alcalde Bibiano Fernández Osorio-Tafall, e Isolina Villaverde Cendón, viúva do canteiro Aurelio Torres, asasinado polos fascistas. Unha pequena escolma, do que nun futuro será a enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do concello ao longo dos tempos.

A continuación o alumnado visitou o Parador de cara a coñecer outro tipoloxía de hoteis, cun xardín único na cidade, e a cociña do Enxebre,

Chorín por non ser home

Memoria de mulleres

A Moureira. O mar, os oficios, e as mulleres

Agradecementos a Montse Fajardo e Luís Bará por abrir a colaboración neste proxecto aos centros educativos.