A alumna de Publicidade e Relacións Públicas,  Alba Rodiño, realizou as súas prácticas do CAP , durante a súa estadía no CIFP Carlos Oroza, e presentou ao alumnado de 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas e 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos, dentro do módulo de marketing, contidos sobre comunicación no sector turístico, tendo que presentar o alumnado  carteis turísticos creativos.

O reto: facelos nunha hora sen máis medios cunha cámara, recortes de revistas, e a contorna do centro.

P1070418 P1070420

 

P1070422 P1070430

No seguinte enlace amósanse carteis presentados polo alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos Turísticos e 1º de Guía, Información e Asistencia Turísticas.

Posteriormente tamén se realizou unha exposición dos carteis creados como colage dos diferentes produtos turísticos, a creatividade foi o ingrediente fundamental a pesar do reducido tempo para crealos.

Álbum da promoción dos produtos turísticos