Xa pasou un semestre desde que o alumnado de 2º CS Xestión de Aloxamentos comezara a moi interesante aventura de manter aberto o Hotel Casual durante o curso 2014-1025, pero todo ten o seu final, que tamén o é do comezo da formación en centros de traballo, FCT, e na que a experiencia do hotel virtual e da simulación empresarial xogará ao seu favor polo aprendido cunha chea de trámites reais.

ARL_1819

O grupo 2º CS Xestión de Aloxamentos coa súa profesora Ana Beatríz López Viqueira

O grupo deu a  benvida ao profesorado e alumnado do centro para dar a coñecer as tarefas realizadas nesta andaina na que se traballou de xeito paralelo entre os módulos de Empresa e iniciativa emprendedora e Comercialización de eventos, da man das profesoras Teresa Barreiro e Ana Beatriz López. No evento houbo conversas e petiscos gracias tamén á colaboración dos grupos de alumnado de CM Cociña e CM Servizos en restauración.

ARL_1866

Compartindo conversa e petiscos

ARL_1885

O alumnado tivo o detalle de agasallar aos convidados un pequeno obsequio montado por eles mesmos. Que a nova andaina teña a mesma cálida luz que eles nos agasallaron.

Álbum de fotografías

Hotel Casual, fin de tempada

Parabéns a todos pola presentación da clausura. Sen dúbida un grupo que deixará pegada pola súa profesionalidade e implicación. Moita sorte a todos na FCT.