Lagoas e glaciares, teixos do cuaternario únicos en Europa, camiños do ferro, estacións vivas…son recursos, que ao igual que os pementos de Monterrei ou  Arnoia, precisan ser cociñados con outros ingredientes e presentados nun paquete a familias con pequenos, empresas, xubilados, grupos de escolares…porque, acaso todos buscamos o mesmo?

PRODUTOS

Algúns dos produtos presentados por INICIATIVA

Javier Otero, consultor acreditado en Calidade Turística  (Q) polo ICTE e TURGALICIA, realizou un obradoiro sobre planificación e desenvolvemento de produtos turísticos, ” Do territorio ao destino a través do produto”. Nel,  o alumnado de 1º e  2º Guía, información e asistencia turística, pudo poñer en práctica todo o aprendido ao longo do curso,  á par que renovaron e incrementaron o coñecemento sobre o papel fundamental que un territorio ten que camiñar ata ser considerado destino turístico, no que os produtos  turísticos ben estruturados, concebidos, e deseñados, xogan un papel esencial.

Así, ” Entre lobos e estrelas”, ” Xeocaching”,” O tren da vida”, ” Na noite dos tempos”, ” Micropaisaxes”, ” Cociña de estación“, ” Trevinca ornitolóxica”…foron algúns dos produtos presentados por Iniciactiva e xa postos en marcha en lugares como o PN Montes do Invernadoiro, Valdeorras, Monterrei, Viana do Castelo, etc. , produtos adaptados á demanda que amosan a autenticidade do territorio, con experiencias innovadoras que están xerando produtos atrativos e singulares arredor do patrimonio industrial , da culinaria, e das paisaxes culturais.

ENTRE LOBOS E ESTRELAS

Estiveches nalgunha ocasión entre lobos e estrelas?

Trala presentación o alumnado tivo que crear un produto turístico en espazos nos que todavía queda moito por facer: unha estación de esquí no verán, unha biblioteca dun mosteiro, un peirao dunha vila…co reto de axeitarse a perfís de públicos diferentes e en épocas estivais de baixa demanda, a fin de contas, unha das críticas que máis se fai sobre o turismo na nosa comunidade, é a falta de produtos adaptados á demanda.

PRODUTO 2

Alumnado presentando o seu produto

PRODUTO

Álbum