clara

O arrecendo dos caldos e pratos preparados nas dúas xornadas, a paixón pola interpretación dos nosos recursos vitivinícolas,  e a profesionalidade amosada por todo o alumnado colaborador e partipante  no 2º Campionato de Sumillería Suso Domínguez, fixeron da  cerimonia que  reuniu  a profesorado e alumnado de toda Galicia e norte de Portugal, unha xornada que quedará para a memoria.

Nela houbo espazo para probas tan variadas como un test da DO Ribeiro, patrocinador nesta edición do certame,  a identificación de olores e sabores dos caldos  realizada no auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe, baixo os focos, e coa silenciosa atención do público congregado para a ocasión, e mesmo o anuncio do titular de Educación, Román Rodríguez,  do investimento de 1,2 millóns de € para a ampliación das instalacións do CIFP Carlos Oroza, ao que o director respondeu na línea dos do Barbanza ” as xoubas hai que velas na patela”.

Como xurado  na competición estiveron  o director do instituto galego do Viño, Xoán Canas, a profesora de Hostalaría e Turismo Carmen Alvite, o presidente dos baristas de Galicia Augusto Morales, e en representación de Chivas Regal, José Soto.

Os gañadores foron Sebastián Greenhalgh do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, Diego Pastrana da ESENGRA, e en 3º lugar Daniel López do IES San Xillao de Lugo que recibiron unha bolsa de estudos para cursar o máster en sumillería no Instituto Galego do Viño. Para entregar os  premios acudiron o conselleiro de educación, Román Rodríguez,  o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores,  o presidente da deputación provincial, Rafael Louzán, e Xoán Canas do Instituto Galego do Viño, César Pérez Ares, delegado territorial de educación, José María Fonseca de  Terras Gauda que aportou da súa adega, unha botella cun viño personalizado para cada un dos partipantes para a ocasión, e Enrique Camiñas da cadea de hoteis Eurostars que aportou unha estadía de prácticas.

 

sebastián Greenhalgh

Xa fóra de concurso, Diego Mosquera, ex-alumno de Suso Domínguez, e preparador como profesor de hostalaría do premio Skill 2012, desenvolveu unha exhibición de cocktelería que deixou sorprendidos aos presentes cunha pranta-cócktel.

diego mosquera

 

Álbum da xornada do xoves

Álbum Facebook do CIFP Carlos Oroza

La alacena roja

Faro de Vigo

La voz de Galicia

Agradecemento especial a todos os patrocinadores que colaboraron para que se pudese desenvolver este 2º Campionato de Sumillería Suso Domínguez:

Consellería de Cultura e Educación

Concello de  Pontevedra

Deputación de Pontevedra: Polo seu apoio institucional e por cedernos o auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Cidade Infantil Príncipe Felipe.

Instituto Galego do Viño: Pola concesión de becas para o curso de barman profesional.

Turismo Rías Baixas: Por completar a beca do 1ª clasificado no concurso.

Consello Regulador DO Ribeiro: representado no acto polo seu presidente Miguel Ángel Viso. Adegas Cunqueiro, Formigo, Cajide Valdesouto, Pousadoiro, e Terra do Castelo.

Cadea  Eurostars: Por aportar estadías de prácticas para os tres primeiros clasificados.

Cafés Veracruz

Casino de A Toxa

Terras Gauda: José María, que aportou os seus viños para as mostras de catas do alumnado de toda Galicia que previamente preparou a fase do concurso en cada un dos centros educativos, ademais dos Magnum personalizados como agasallo para cada participante.

Chicolino Restauración: Arturo Fajardo, polo préstamo de material e equipamento.

Oscar de Toro

Diego Mosquera

Chivas Regal: Pola aportación de produto

Codorniu: Pola aportación de produto

Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración doutro centro educativo: IES Audiovisual de Vigo, que coa súa presenza contribuíron a que a proxección do certame fose máis que un campionato dun centro educativo de formación profesional. Parabéns para as súas profesoras e alumnado: Sira Romero Fernández, Laura López Álvarez, Pelayo Alonso Rodríguez,Lorenzo Negueruela Díaz,Yago Rodríguez Torres, e Paloma García Villar.

A Jorge, alumno de 1º CM Cociña e gastronomía que se brindou a captar coa súa cámara os mellores momentos.

IES Montecelo: Centro educativo que por segundo ano ten axudado na realización de toda a cartelería e deseños gráficos, agradecemento a Miguel o seu director e a José Ángel Valcárcel, que xunto co seu alumnado aportou a profesionalidade e creatividade no deseño do logotipo e materiais impresos das xornadas.

CIFP A Granxa de Ponteareas: O 3º centro educativo que tamén foi quen de axudarnos a que o certame saíse adiante.

Quinta de Aveleda Viño Verde e Quinta do Vallado do Douro: Pola aportación de viño para as mostras de cata.

Augardente CRDO Oruxo de Galicia: Pola aportación de augardente para as mostras.

Mexillón de Galicia: Pola aportación de produto e colaboración do presidente do CRDO,  Francisco Alcalde.

Asociación de produtores de rodaballo de Galicia: Pola aportación de produto e cooperación de Fernando,o seu representante.

CRDO Queixo Tetilla, San Simón Da Costa, e Arzúa-Ulloa: Pola aportación de produto para os concursos de petiscos celebrados na 1ª xornada.

Agradecemento e parabéns a todo o alumnado  do CIFP Carlos Oroza, pois estiveron a altura do que se espera deles no eido profesional. Eventos como este certame, ensínannos a que cando confiamos e damos responsabilidades, a resposta supera as expectativas.

A Elías e  Carlos da Cidade Infantil Príncipe Felipe, aínda que veciños, xa compañeiros colaboradores de confianza.

Finalmente a todo o profesorado e alumnado de Galicia e Turismo de Portugal, especialmente ás escolas de hostalaría de Douro-Lamego, Viana do Castelo e Coímbra,  por promover a participación do alumnado, e por adicar horas e horas extras a preparación do seu alumnado.

 

UN BRINDE POR TODOS ELES!