2º Certame e renovadas ilusións na maridaxe ” Showcooking – Interpretación do Patrimonio”

Paixón pola profesión, creatividade aderezada de sensibilidade, e respeto polo que se fai, foron os ingredientes das recetas dos ponentes da 1ª xornada do Campionato de Sumillería Suso Domínguez.

O showcooking  a cargo de Pepe Solla , Iñaki Betral e Diego López na xornada de mañán deixou pegada nos futuros profesionais que tamén presentaron posteriormente as súas elaboracións.”O punto  0″ según Solla,  dun presente con moita forza e dun futuro ao que lle queda moito por falar, pero no que os alicerces están asentados na Rede Galega de Formación Profesional.

portada

3 grandes cociñeiros para unha grande ocasión

Algunhas das elaboracións realizadas durante a exhibición:

Iñaki Bretal

Ourizo de mar con aceite de soia, teriyaki e escuma de limón

Vieira de Cambados afumada con paus de vide albariña e alga codium

Sobremesa de gintonic

Diego López

Sopa de cocido con matices ácidos e picantes

Cacheira glaseada con tallos e follas

Galo de Mos con tubérculos e cítricos

Pepe Solla

Callos á galega con truco

Filloa fajita de raxo

Versión 2015 da tarta de Santiago

Tralos maestros, o alumnado participou nun concurso con queixos denominación de orixe galega.

Daniel Carreira e Iván García 2º CM Cociña, gañadores do concurso de petiscos con queixos DO galegos

 

Magacin TVG – Ver 1:36 (unha hora e 36 minutos)

Álbum da xornada

 

Twitter

Xa pola tarde, continuamos ” De viños pola ruta”, coa conferencia sobre como facer visitas de calidade nas adegas dun xeito temático, ameno e relevante,  impartido por Isabel Fernández, de Ambientarte e Elvira Lezcano, docente no “Máster en Dirección e Planificación do Turismo”.

Mavi Lezcano e Isabel Fernández de Ambientarte

En definitiva, unha xornada na que a profesionalidade e técnica, maridada cunha boa dose de humildade e gañas de innovar, se presentaron como a base para comunicarse, atender e entender,  cada día máis e mellor aos clientes.