Continuamos a andaina cos intercambios cos veciños e xa amigos portugueses. Nesta ocasión foi coa  Escola de Hotelaria e Turismo de Sta. Mª da Freira, nunha visita na que o IGAFA con quen o CIFP Carlos Oroza vén desenvolvendo proxectos de colaboración, volveu ser punto de referencia e  irmá anfitrión.

 

IGAFA

Visita ao IGAFA

A sala de acuaroloxía foi unha das que máis sorprendeu. Descubrir sobre a dificultade dalgunhas especies para aparearse ao non haber feeling entre machos e femias, foi unha das curiosidades da visita que máis impresionou ao alumnado.

Posteriormente visitaron as instalacións do CIFP Carlos Oroza e degustaron un menú tipicamente galego. Tras ela disfrutaron dun paseo por Pontevedra, cidade que impresiona e acolle a todos os que por ela pasan, tanto pola boa preservación como pola accesibilidade xa recoñecida pola ONU.

 

SALA DE ACUAROLOXÍA

Sala de acuaroloxía