17 centros educativos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, Viana do Castelo e Lamego- Douro de Portugal competiron na VII edición do Campionato de Baristas e III do Campionato Internacional de cata de cafés que tivo lugar en Foz

Acompañados pola súa profesora e preparadora Maica Couto, o alumnado do CIFP Carlos Oroza acadou un segundo e séptimo posto nunha competición na que ano tras ano se eleva o nivel de competencia do alumnado á par que se incrementa o número de escolas participantes.

MAICA COUTO

Tomás Ucha de Pontevedra recollendo o seu 2º premio

BARISTAS FOZ

Gabriel Vázquez presentando o seu cócktail de café

 

CampeonatoBaristasFoz20140210

 

Os tres primeros postos no III Campionato Internacional de Cata de Cafés foron compartidos entre Santiago, Pontevedra e Asturias, representados por Antonio Castiñeiras, Tomás Ucha e Óscar Martínez Goás respectivamente.

O asturiano Adrián Fernández, actual Campión Barista de España proclamouse vencedor do III Campionato Internacional de Baristas, seguido por Laura Fuentevilla, de Cantabria e de Dayana Belgoderi, de Viana do Castelo (Portugal) en terceiro lugar, nun podio que veu elevado o seu nivel dado que competían entre outros, o cinco veces Campeón Barista de Cantabria, Alexis Silva, e o catro veces Campeón Barista da Comunidade Valenciana, Juan Manuel Sanz.

As probas con café 100% arábica de Perú, arrecendos a toques florais e cítricos  consistiron na elaboración de catro espressos, catro cappuccinos e catro cócteles, identificación de variedades de café, análise organoléptica e proba escrita.

 

COMPETICIÓN

La alacena roja

La Voz de Galicia

Café Veracruz