O intercambio gastronómico e enoturístico entre a Escola de Hotelaria e Turismo do Douro – Lamego e o CIFP Carlos Oroza ten deixado moitas imaxes, risas, vivencias, e aprendizaxes entre todas as mozas e mozos.

As xornadas foron intensas, cun programa no que Francisco Orge, profesor responsable dos proxectos internacionais ten traballado arreo, e no que a colaboración entre ciclos-alumnado e profesorado ten sido fundamental para poder disfrutar destes días no que houbo numerosas visitas ao patrimonio pontevedrés e da comarca do Salnés, e que culminou cun xantar lusófono elaborado e servido polo alumnado portugués acompañados e guiados polo seu profesorado, Filipe, João e George, como eles din, os “xefes”.

2º Ciclo Superior Guía, información e asistencia turística guiando en la ciudad

Almoço: Az cozinhas viajeiras. Do Douro ás Rías Baixas

Degolición do viño do Porto

IGAFA

Visita ao IGAFA

Gran Hotel La Toja

La Toja: museo e hotel

No viñedo Eidos de Padriñán

Adega Eidos-álbum

Adega Eidos de Padriñán-visita guiada

 

 

EM COZINHA

Alumnado de cociña da escola de Lamego-Douro, Portugal

EN SALA

Alumnado de sala da escola de hotalaría de Lamego- Douro

 

O xantar contou coa presenza da responsable de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, o responsable de Urbanismo e Patrimonio Luís Bará, a xerente  de Turismo Rías Baixas, Ruth González, o xefe da inspección de Educación M. Torres, o delegado territorial César Pérez, o inspector Román Latas e a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes.

 

Menú elaborado e servido polos estudantes da escola de Lamego:

Escuma de patata con crema de grelos e ovo de codorniz estrellado

Ravioli de bacallao

Cerdo confitado con arroz meloso

Maridaxe: blancos e  tintos da rexión vinícola do Douro.

Sobremesas: xeado de aceite e laranxa maridado cun  Porto Vintage Quinta Seara cosecha 2009.