Unha delegación de 52 alumnos e 4 profesores participaron na “Muestra gastronómica” do Grupo Hotusa, un evento enmarcado nas actividades da Feira Internacional de Turismo FITUR. Este evento foi desenvolvido o 29 de xaneiro no hotel Eurostars Madrid Tower de Madrid, un dos hoteis de luxo de máis recoñecido prestixio de España.

Esta mostra gastronómica, escaparate da promoción da cociña que se ofrece nos hoteis do grupo,  contou coa colaboración do CIFP Carlos Oroza para a súa posta a punto e desenvolvemento. O pasado ano, o evento reuniu a máis de 1.000 participantes entre hoteleiros, axentes de viaxes e representantes de empresas do sector. Durante a viaxe, o alumnado e profesorado, tamén aproveitarán para visitar Toledo, a súa escola de hostalaría e o hotel Palacio Buenavista onde lles ofreceron unha cata de viños.

 

FITUR COLABORACIÓN HOTUSA CIFP CARLOS ROOZA

 

O CIFP Carlos Oroza colabora este curso por segunda vez en eventos de alto nivel, sendo o primeiro a participación nos Premios Principe de Asturias, celebrado en Oviedo o pasado 24 de octubre de 2014.