20150120_132655

Guiado na escaleira

IMG_2173

Guiado a un comensal invidente

TENDER UNHA MAN, PERO QUE SEXAN OLLOS
Guiar non é fácil, confiar en quen tende o brazo tampouco. Formarse no guiado aos clientes invidentes nun hotel é unha aprendizaxe que require de especialistas, e para iso nada mellor que a organización da ONCE coa que o CIFP Carlos Oroza leva colaborando desde hai anos e que da continuidade ao asimilado previamente en clase.

20150120_134001

Orientar para sentarse nunha cadeira

IMG_2167

Indicacións para entrar nun coche

Recibir a un cliente, acompañalo ata un ascensor, conducir ata o comedor e dar as explicacións oportunas sobre a disposición na mesa, guiar ata o coche, explicar a cidade desde outra óptica…ollar doutro xeito, en definitiva empatizar, é o que fixeron os alumnos de 2º CS Xestión de Aloxamentos, quen ademais de aprender sobre como guiar puxéronse na pel de quen non ve ou apenas ten visión.

Álbum de xornadas

 

20150120_123926

Recibindo formación dos tiflotecnólogos da ONCE

Profesorado acompañante-  Pilar Novelle e Jose Manuel San Luis

Outras actividades organizadas:

Xantar adaptado

A voz das mans

Innovación educativa

Centro de recursos educativos da ONCE

O tacto e arrecendo dos camelios

Tiflotecnoloxía, escotomas…

PonteONCE