O alumnado de 2º curso do ciclo de Guía, información e asistencia turística, acompañado pola profesora María José Lores, visitaron o día 14 de xaneiro dous dos puntos de información turística da cidade de Pontevedra: a sé de Turismo Rías
Baixas, e a oficina dependente de Turismo de Galicia.
No palacete dos Mendoza, onde se ubica a oficina de Turismo Rías Baixas,  fixeron unha visita guiada polas instalacións do centro, coñecendo as  funcións como servizo turístico  e  proxectos como o  da plataforma “Smart
Destination” .Posteriormente visitaron a OIT dependente de Turismo de Galicia, onde os informadores turísticos lles contaron temas relacionados coas súas funcións, características, e a súa xestión dentro da propia oficina.
O.T. Galicia

O alumnado curiosea nalgún dos folletos

Turismo Rías B

Certficados de calidade da OIT

Turismo Rías Baixas

2º CS Guía, información e asistencia turística