Baixo o título  “Proxecto e proceso da Feira Franca”, Luís Bará, concelleiro de patrimonio histórico do concello de Pontevedra, fixo un percorrido desde o comezo da xestación e organización da festa histórica ambientada  entre o S. XV- XVI,  no que a cidade tivo un gran pulo comercial nun momento en que o viño do Ribeiro embarcaba no río Lérez cara ás costas británicas.
Bará fixo fincapé en que os proxectos teñen que ter alma, valores, ideais e sentimentos, de aí que a implicación de asociacións e colectivos de cidadáns a través do consello aberto sexa fundamental, tanto para tomar decisións sobre a temática de cada ano, como para introducir melloras en cada edición ou actuando como dinamizadoras dunha festa que se identifica pola amplitude xeracional, polo seu carácter integrador, e por conseguir unha gran cohesión social ao fornecerse aspectos máis inmaterias e ligados a índices como o da felicidade, que organismos como a ONU suliñan como fundamentais para medir o nivel de calidade de vida dunha cidade.

DSC00073

Luís Bará recibe uns detalles realizados polo alumnado con imaxes da Feira Franca

Considerada desde o ámbito turístico como un produto cultural, festivo e social, parte da clave do seu éxito reside na innovación, xa que cado ano preséntase cunha temáticas novidosa.
O alumnado do 1º e 2º  curso do CS de Guía, información e asistencia turística asistiu á esta conferencia na que os estudantes de 2º curso ambientaron a aula e vestíronse como na época de Enrique IV de Castela ademais de presentar doces da época elaborados polo alumnado do CM Panadaría, repostaría e confeitaría.

 

P1060376

Doces elaborados polo alumnado do CM Panadaría, repostaría e confeitaría

Álbum da xornada
Parabéns ao profesorado pola organización:
María Morales Eiriz
Mª José Lores Baena
Manuel Patiño Carou