Un ano máis consolídase a colaboración entre o CIFP Carlos Oroza e o Centro de Recursos Educativos da ONCE. Foi o pasado venres cando os estudantes de 2º curso do CS de Guía, información e asistencia turística e a súa profesora Tina Otero visitaron este centro, que ten como obxectivo mellorar a formación do alumnado na área de accesibilidade tanto a monumentos, visitas guiadas ou establecementos de hostalería en xeral.

Esta actividade marca o inicio dunha serie de accións conxuntas entre o noso centro e a ONCE, xa que máis adiante estes mesmos estudantes porán en práctica os contidos adquiridos realizando unha visita guiada pola alameda de Pontevedra cun grupo de persoas asociadas á ONCE. E como broche final, xa no terceiro trimestre, este grupo de afiliados terán unha comida especialmente deseñada e servida no restaurante Álvaro Cunqueiro.

Toda unha serie de actos ó longo do curso académico que formarán e concienciarán ao alumnado acerca da importancia da accesibilidade no sector da hostalería e o turismo.

Álbum da visita.

P1060180

Posta en práctica do uso do bastón durante a visita.

P1060192

O alumnado practica o sistema de guiado para persoas invidentes.