Xa pasaron máis de 3 semanas desde que o Hotel Casual abrira as súas portas o pasado 21 de outubro. Desde aquela foron moitas as situacións e cometidos a abordar por parte do alumnado  de segundo curso do CS  Xestión de aloxamentos turísticos.

Check-in en diferentes idiomas, solicitudes de reserva, queixas desde as habitacións e mesmo peticións de orzamentos para celebración de vodas son so algunhas das tarefas coas que o persoal do establecemento tivo que lidar durante estas tres primeiras semanas. Días que quedan reflectidos nas fotografías incluídas no Flickr do centro. Para poder velas é tan sinxelo como pulsar no seguinte link:

Álbum de fotos

 

_ARL8337

O equipo do Hotel Casual