O pasado xoves 30 de outubro o Samaín tivo o seu particular festexo no CIFP Carlos Oroza. A representación teatral sobre a orixe da festividade, o concurso de cabazas e a degustación de comidas e bebidas do máis arrepiantes serviron para marcar o comezo dun (longo) fin de semana cheo de meigas, demos, trasnos e diaños.

E aínda que o centro xa perdeu as súas telas de araña e mans ensanguentadas, sempre podemos recordar o Samaín grazas ao álbum de fotos dispoñible no noso Flickr:

Álbum de fotos

IMG_5342

Alumnado encargado da representación teatral e da presentación do acto