Un ano máis o Hotel Casual comeza a súa actividade. Foi onte cando os alumnos do segundo curso do Ciclo Superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos puxeron en marcha esta empresa simulada baixo a supervisión das profesoras Ana López Viqueira e Teresa Barreiro Abilleira. Desta maneira, tódolos departamentos, dende Recepción ata Administración pasando por Eventos e Marketing, coordináronse para atender ás múltiples solicitudes telefónicas que tiveron lugar durante toda a mañá. E así seguirán tódolos martes de 9 a 11 ata o 3 de marzo. Un servizo profesional para un hotel de 5 estrelas.

Álbum de fotos

IMG_5275

O alumnado traballando nos seus respectivos departamentos.

 

IMG_5285

As profesoras Ana López e Teresa Barreiro, encargadas da empresa simulada.