O pasado luns 6 de outubro o alumnado de segundo curso do CS Dirección de Servizos en Restauración e do CM Servizos en Restauración tivo a oportunidade de visitar a Adega Eidos, situada na parroquia de Padriñán, en Sanxenxo. Alí foron recibidos polo xerente da empresa, Marcelo Radío, con quen puideron descubrir todas as fases do proceso de elaboración do viño, desde a recollida da uva ata o servizo en mesa. E nada mellor para rematar a visita que unha clase maxistral de cata grazas a cal o alumnado tivo a oportunidade de degustar 3 dos viños albariños con Denominación de Orixe Rías Baixas que son elaborados nesta prestixiosa adega. Así pois, este luns tocou cambiar as aulas do CIFP Carlos Oroza polos viñedos da Adega Eidos.

Álbum da visita

IMG_6111

O alumnado observa o proceso de elaboración do viño