Non hai 2 sen 3. Se o curso 2013-2014 se pechaba con dous premios, o de innovación didáctica que o CIFP Carlos Oroza puxo en marcha en colaboración co IGAFA   e o premio ás novas prácticas en innovación educativa, na época estival, catro alumnos do noso centro, recollían no centro Ágora de A Coruña o seu premio no Certame Cooperativismo no ensino 2014, polo proxecto empresarial “A Quinta do Oroza, Sociedade Cooperativa Galega”.

Catro emprendedores titulados en Dirección Cociña do C.I.F.P Carlos Oroza de Pontevedra que demostraron unha gran capacidade de traballo en equipo, responsabilidade, compromiso e motivación. Dúas mulleres e dous homes, primeiro compañeiros de clase, logo amigos, e hoxe socios cooperativistas en estudo. Entre os catro complementáronse e engranáronse nun equipo que medrou día a día, sentando as bases deste proxecto que culminou o pasado día 5 de xullo coa entrega e recoñecemento deste proxecto por parte da Consellería de Traballo e Benestar.

Premio Cooperativismo 2014

Rocío Abal e Ramón Lage na entrega de premios

Este proxecto foi doblemente premiado no Concurso IDEA&EMPRENDE 2014, convocado polo CIFP A Xunqueira (Pontevedra) e a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra, sendo nomeado coma “mellor defensa e presentación” (ver enlace).

 

Noraboa ao noso alumnado Sara Fontenla, Rocío Abal, Jose Antonio e Ramón Paleo polo seu proxecto empresarial premiado: “A QUINTA DO OROZA, Sociedade Cooperativa Galega” e a profesora coordinadora do proxecto Mª Pereiro, membro deste claustro. Que novas como ésta estimulen ao alumnado e profesorado nesta nova andaina 2014-2015.

Video do acto de entrega do galardón

Faro de Vigo