PREMIO ACUICULTURA CIFP - IGAFA

 

 

Logotipo do IGAFA na illa de Aroua

Logotipo do IGAFA na illa de Arousa

Todo está preparado para o arranque do curso académico 2014-2015, e para darlle continuidade ao proxecto de innovación didáctica que o CIFP Carlos Oroza puxo en marcha en colaboración co IGAFA, instituto galego de formación en acuicultura no pasado curso 2013-2014, e polo que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria otorgou un premio valorado en 9.100 €.

Ricardo Fernández Guerra, xefe do departamento de Hostalaría e Turismo responde as preguntas da revista gastronómica La Alacena Roja, avanzando os proxectos e tarefas que cada unha das institucions levará adiante co seu alumnado.

O resultado: unha guía e conxunto de videos  sobre as cualidades organolépticas do mexillón, ademais dos pasos explicativos sobre a preelaboración e elaboración desta materia prima “made na illa de Arousa”.

Bo proveito, quen o desexe poderá acceder a estas guías e videos a través da plataforma web que tamén será deseñada e realizada como parte do proxecto.

Parabéns ao equipo que traballou o curso pasado e ánimo nesta andaina 2014-2015.

Ver entrevista

Faro de Vigo