O alumnado do CIFP Carlos Oroza que está participando no programa Leonardo IVT, a través do cal están realizando a FCT en Cuxhaven (Alemania), dos grupos de 2º CM Cociña e gastronomía e CM de Panadaría, repostaría e confeitaría, participaron nas seguintes actividades recentemente, organizadas pola nosa colega e coordinadora do stage en Alemania Susanne Rademarcher:

– Recepción de todo o alumnado participante no programa Leonardo procedente de Galicia (Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol e Lugo) por parte das autoridades e no concello.

– Realización dunha xornada na escola BBS Cux, na cal os alumnos de Vigo e Pontevedra realizaron un menú galego compartindo as clases co alumnado e profesorado da localidade.

Álbum da FCT en Cuxhaven

Galizien 1

Recorte dun xornal local no que se recolle a actividade do noso alumnado en Cuxhaven