A Semana dos Museos non podía pasar desapercibida no CIFP Carlos Oroza, polo que desde fai máis dunha semana os corredores do centro transformáronse en auténticas salas de exposicións nas que se poden apreciar unha selección dos cadros máis famosos expostos nos principais museos a nivel mundial, acompañados dunha breve explicación dos mesmos.

DSCF2170

Alumnas do CS de Guía, información e asistencia turísticas posan diante dos carteis informativos

E que sería dun museo sen un bo guía que mostre aos turistas as principais características das obras que o conforman. Pois ben, para iso estaban as rapazas e rapaces do primeiro curso do CS de Guía, información e asistencia turísticas, que explicaron en inglés aos seus compañeiros un cadro da súa elección, identificando as principais características do mesmo con respecto ao movemento artístico ao que pertence, sendo esta unha actividade integrada nos módulos de Inglés e Recursos Turísticos, impartidos por Eugenia de Sáa Puig e Sandra Pérez, respectivamente. Obras e guías de primeira categoría para festexar unha Semana dos Museos moi especial.

Álbum da actividade

DSCF2178

O alumnado preparado para explicar os seus cadros