A accesibilidade nos diferentes servizos é un valor que se lle inculca a todo o alumnado do CIFP Carlos Oroza, tanto de hostalería como de turismo. Como exercicio para esa adecuación dos servizos o pasado 23 de maio tivo lugar no centro un xantar moi especial, destinado a todas aquelas persoas con dificultades visuais e coa colaboración da ONCE. Desta maneira, os asistentes eran acompañados desde a entrada ata o comedor e os menús estaban redactados en escritura braille , explicando oralmente aos comensais o prato que estaban a punto de degustar. Ademais, se lles ofrecía antefaces a todas aquelas persoas que quixesen probar a experiencia de “comer a escuras” para así poder probar todos os pratos en similares condicións que os seus acompañantes, pratos deseñados en función ás texturas dos diferentes alimentos.

P1050665

Unha comensal le o menú en braille

Unha experiencia moi enriquecedora e na que participaron, ademais do profesorado, o alumnado dos diferentes Ciclos que se imparten no CIFP Carlos Oroza.

Álbum do xantar

IMG_2073

Os asistentes aventúranse a comer “a escuras”