“Fomentando o diálogo e a cooperación entre o sector académico e empresarial”

O pasado luns, 19 de maio, un grupo de empresarios e representantes de diferentes institucións da provincia de Pontevedra, nos acompañaron nunha xornada de traballo que serviu para intercambiar opinións, coñecer as instalación nas que se forman os futuros profesionais da hostalaría e o turismo e compartir información sobre diferentes temas que son de interese para o sector. Entre estes temas tratouse o proceso de acreditación de competencias, os perfís profesionais que demandan as empresas de hostalaría e turismo de Pontevedra e a posibilidade de realizar formación continua por parte dos traballadores das mesmas.

20140519_122303

Os empresarios visitan as instalacións do CIFP Carlos Oroza

A xornada deu comezo ás 11.30 horas cun pequeno almorzo que se desenvolveu na aula cafetaría Suso Domínguez, continuando cunha visita ás instalacións do centro (talleres, aulas e zonas comúns). Deuse paso despois a unha charla informativa e rematouse a xornada cun xantar no aula restaurante Álvaro Cunqueiro ao que asistiron o Xefe Territorial de Educación, a concelleira de Turismo, o concelleiro de Educación, o alcalde do Grove, a secretaria do concello do Grove e a inspectora de educación, Adoración de la Fuente.

20140519_123239

Os empresarios descobren a aula de 2º curso do CS Guía, información e asistencia turísticas

Queremos agradecer especialmente a súa presenza a todas as empresas colaboradoras que nos acompañaron:

 

Agradecemos tamén contar coa presenza de Alberto Traversa e Kike Gª Cerviño, da revista gastronómica dixital La Alacena Roja, autores das fotografías que acompañan esta información.

Álbum da visita