¿Currículo 2.0? ¿Transformarse un mesmo en marca? Sobre estas e outras moitas cuestións falou o venres o especialista en Marketing Dixital Gonzalo Garre Rodas no auditorio Príncipe Felipe. A conferencia, titulada “Redes Sociais: Ferramenta para a búsqueda de emprego”, foi todo un exemplo de interactividade co alumnado (xa avisaba Gonzalo ao inicio: “prohibido non twittear durante a charla”), o cal coñeceu ferramentas para atopar traballo tan útiles coma Linkedin e aprendeu novos usos de redes sociais máis coñecidas coma Flickr, Twitter ou Facebook.

WP_002110

Gonzalo Garre durante a conferencia

Como ben apuntaba Gonzalo Garre, unha boa utilización das redes sociais é fundamental hoxe en día para conseguir emprego xa que, segundo as últimas cifras coñecidas, un 57% das empresas usan as redes sociais para buscar información sobre os candidatos a un posto de traballo na mesma, e un 21% delas descartan a algún aspirante despois de ver o seu perfil en ditas páxinas web.

En definitiva, unha conferencia necesaria e fundamental para que o alumnado do CIFP Carlos Oroza consiga introducirse no mundo profesional dunha maneira satisfactoria.

Álbum da conferencia

WP_002115

O auditorio Príncipe Felipe foi testemuña do acto